
El Tiempo

V Campus Balonmán Cañiza
📣‼️V CAMPUS BM CAÑIZA: UN CAMPAMENTO SEGURO!‼️📣
🤩Un ano máis traemos unha nova edicion do noso campamento de verán. Falar desta quinta edición do campus do clube é falar dun campus TOTALMENTE SEGURO E DE CALIDADE‼️, xa que o club contratará a Yeah Activities, empresa de Iago Rivas e Ramón Pérez adestradores do sénior feminino, especializada na organización e execución do campamento de xeito que se 🚸CUMPRAN TODAS AS MEDIDAS HIXIÉNICO-SANITARIAS 🚸 establecidas polo Ministerio de Sanidade para a organización destes eventos.
🧐Tras o éxito do ano pasado, con máis de 80 nenos e nenas inscritos, e sabendo as gañas que hai de correr, saltar, xogar e divertirse ABRIMOS AS INSCRICIÓNS! Toma nota:
📅Datas: do 3 ao 14 de agosto (de luns a venres)
⏰Horario: 9:00h – 14:00h
👶👩Idades: de 4 a 16 anos
💰Prezo: 50€ unha semana – 70€ dúas semanas
💸Descontos se traes a un amig@ que non pertenza ao club e descontos para irmáns.
📝INSCRÍBETE EN: www.yeahactivities.es
➕ INFO: 📞616134560 📧yeahactivities@gmail.com
#SomosDePueblo #ACañiza #CBC #Campamento #Verán